Inicio | Mapa do sitio | Contacto
a / A    Castellano / Galego

Carpeta Ciudadana

Institución de ePARTICIPA



Solicitude de información e Avisos de Incidencias

    Pode utilizar este formulario para:
  • Solicitar información sobre o Concello e os seus servizos.

  • Comunicar incidencias relativas a danos, deficiencias ou anomalías nos servizos ou bens municipais. Considérarase incidencia calquera aviso de necesidade de arranxo puntual dalgún elemento dun servizo básico municipal: alumeado público, transporte, limpeza da vía pública, elementos nos parques, deterioro das vías ou beirarrúas,...

Para outro tipo de tramitacións recordamos que dispón da Sede electrónica municipal, onde están dispoñibles moitos dos procedementos ou servizos que se poden realizar no Concello.

Mensaxe
Datos de contacto
Outros medios para contactar co Concello


O Concello de Ourense como responsable dos datos persoais deste sitio web https://carpeta.ourense.es tratará os datos de carácter persoal que proporcione a través deste formulario.

A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para poder tramitar a solicitude que vostede realiza.

A lexitimación realizarase a través do seu consentimento

Informámoslle que os datos que nos facilite estarán localizados nos servidores do propio Concello.

O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorio, terá como consecuencia que non poidamos tramitar a súa solicitude.

Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentar segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.