Inicio | Mapa Web | Contacto
a / A    Castellano / Galego

Carpeta Ciudadana

Institución de ePARTICIPA

Requirimentos técnicos do equipo usuario do Servizo de Pago Telemático.(SPT) info

O pago realizarase na pasarela de pago da entidade pública Red.es. Os requisitos esixidos pola plataforma Red.es para realizar o pago son os siguientes:

Hardware

Especificacións do equipamento de usuario: o usuario utilizará como terminal de acceso ás aplicacións e servizos un ordenador conectado a Internet que poida cumprir os requirimentos de software.

Software

Especificacións do equipamento de usuario: o usuario utilizará un dos navegadores establecidos no seguinte apartado, con soporte de HTML 3.2, XML 1.0, scripts de cliente(applets Java, Java scripts) e cookies.

Especificacións técnicas dos certificados de usuario: os certificados deberán cumprir, polo menos, as seguintes especificacións técnicas:

  • - A identificación dos usuarios e as sinaturas realizarase mediante un sistema de claves asimétricas e certificados dixitais, que serán compatibles co estándar X.509 v3, e interoperables coas tecnoloxías dos navegadores ao uso.
  • - Os certificados serán emitidos polos prestadores de servizos de certificación. Estes certificados deberán cumprir os requisitos establecidos polo Real Decreto-Lei 14/1999 sobre Sinatura Electrónica. A lista de prestadores admitidos por SPT están dispoñibles en pago.red.es.

Nota: Non é necesario que o certificado electrónico utilizado pertenza a ningún dos suxeitos implicados na autoliquidación. Sendo necesario que o propietario do certificado utilizado sexa titular ou cotitular na conta bancaria empregada para facer o pago.

Sistemas operativos soportados

Sopórtanse completamente os seguintes sistemas operativos (segundo documentación de compoñentes de sinatura)

  • -Microsoft Windows XP y superior.
  • -Linux Ubuntu.

Se o cliente de sinatura utilizado é @Firma 3.2 (descargado de spt.red.es) poderemos ademais utilizar:

  • -Windows 2000, Server 2003, Server2008.
  • -Linux Guadalinex.
  • -MacOS X 10.5.
  • -Sun Solaris / OpenSolaris 10.

Navegadores de Internet soportados

A aplicación foi desenvolvida para que sexa compatible coas seguintes versións de navegadores:

NavegadorVer. Min. Ver. Recomen. @Firma
Microsoft Internet Explorer 7.0 9.0 OK
Mozilla Firefox 3.6 5.0 OK
Apple Safari 5.0 5.0 OK

A utilización de outro Navegador ou versión do mesmo non garante o seu correcto funcionamento.

O navegador deberá ter activada a opción de cookies.

Para Internet Explorer 9 recoméndase o uso de modo Vista Compatibilidade.